O Percebe e o Seu Ecosistema no IES Illa de Sarón

   

   

Dende o 12 de marzo e ata o 12 abril de 2018 o alumnado do I.E.S. Illa de Sarón de Xove poderá disfrutar da mostra ‘O Percebe e o seu Ecosistema’ que se desenvolveu o ano pasado con motivo da VI Festa do Percebe de Xove.

A mostra fai un recorrido pola vida deste crustáceo a través de 7 paneis que percorren o seu hábitat, as artes de pescas e un pouco de historia sobre o percebe. Unha instalación no recibidor do centro amosa o  polimórfico ciclo reproductivo deste apaixoante animal.

A mostra está dispoñible, baixo solicitude, para calquer centro que así o desexe.
Pódese solicitar a mostra premendo aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *