Curta documental: Pedras e Riceiros
Esta peza audiovisual aborda, a través de entrevistas, o xeito de traballar do sector pesqueiro e tamén as súas principais preocupacións no tocante ás normativas que rexen o sector ou os seus dereitos laborais.
Participan no documental profesionais do Servizo de Gardacostas ou a xefa territorial da Consellería do Mar, así como mariscadoras e pescadores de percebe e polbo.
Tamén achegan a súa visión empresarias dunha conserveira ou pescadeiros, co que a curtametraxe abrangue todo o proceso de comercialización dos produtos pesqueiros, desde a captura ata a venta.
A intención do documental é reunir diferentes voces para reivindicar a calidade dos produtos pesqueiros, explicar o motivo dos prezos que alcanzan no mercado e concienciar sobre a importancia dunha pesca sostible como ferramenta para coidar o medio ambiente e asegurar o futuro do sector.
Este video está englobado dentro do proxecto Construir o Futuro de Xove Mirando ao Mar é un proxecto impulsado desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove e promovido por 3 entidades: unha do Sector Público, o propio Concello de Xove, unha do Sector Social, Asociación a Medorra, e unha do Sector Económico, a ACIAM.
Unidades Didácticas
![](http://mirandoaomar.xove.es/wp-content/uploads/2018/11/Captura-de-pantalla-2018-11-22-a-las-12.32.05-213x300.png)
![](http://mirandoaomar.xove.es/wp-content/uploads/2018/11/Captura-de-pantalla-2018-11-22-a-las-12.31.39-214x300.png)
![](http://mirandoaomar.xove.es/wp-content/uploads/2018/11/Captura-de-pantalla-2018-11-22-a-las-12.32.24-215x300.png)
![](http://mirandoaomar.xove.es/wp-content/uploads/2018/11/Captura-de-pantalla-2018-11-22-a-las-12.32.53-215x300.png)
Co obxectivo de levar a cabo un reconto do número de persoas que empregan as unidades didácticas é necesario un contrasinal para descargar este material.
Exposicións
Podes solicitar as exposicións sobre ‘O Percebe e o seu ecosistema’ e ‘O Polbo e o seu ecosistema’ para o voso centro educativo.
![](http://mirandoaomar.xove.es/wp-content/uploads/2018/02/1.0Título-1024x489.jpg)
![](http://mirandoaomar.xove.es/wp-content/uploads/2018/03/2.opolbo-1024x420.jpg)