Antiga Factoría Baleeira de Morás
Xove é o último reduto do pasado baleeiro de toda a zona da Mariña-Ortegal no que ata fai dous anos quedaba a Antiga Factoría Baleeira de Morás.
É un elemento recollido no Catálogo da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, como un elemento de patrimonio Industrial situado na zona do Portiño de Morás.
Esta factoría houbo ser retirada por motivos Medioambientais, ao estar fabricada con compoñentes moi contaminantes coma o fibrocemento da súa cuberta, quedando toda a zona sen a última testemuña material do pasado baleeiro .
Baleeira de Morás 1976
Cachalote na rampla de izado de Morás na década dos sesenta
Mulleres cortando carne de balea na factoría de Morás.
Documental da Baleeira de Morás
Con motivo da demolición e consecuente desaparición da antiga baleeira de Morás, que prestou servizo nos anos 60 e 70, será eleborado un video documental que sirva como documento histórico que manteña e preserve a memoria deste lugar.
A Baleeira de Morás foi a primeira xeradora de emprego asalariado de Xove,. Representou o achegamento das mulleres ás formas de traballo industrial que xa se desenvolvían en Europa e outras zonas de España dende o século XIX. A través desta peza preténdese dar visibilidade ao emprego asalariado feminino, tratando de comprender e por de manifesto as diferenzas de xénero dentro da factoría: tipoloxías de traballo, salarios, etc.
Ademais contribuirase á concienciación sobre o desenvolvemento sostible empregando como exemplo da sobre-explotación dos recursos pesqueiros e o seu impacto medioambiental.
O documental divídese en dúas partes; a primeira, gravada antes da demolición do edificio, na que o encargado durante o seu funcionamento, D. Manuel Díaz Oca, explica como se empregaban as súas instalacións.
Na segunda parte, os empresarios de Massó Hermanos S.L falarán sobre os motivos para a construción da factoría na zona da Mariña-Ortegal así como as motivacións do seu peche buy cbd flower near me.