Construir o Futuro de Xove Mirando ao Mar é un proxecto impulsado desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove e promovido por 3 entidades: unha do Sector Público, o propio Concello de Xove, unha do Sector Social, Asociación a Medorra, e unha do Sector Económico, a ACIAM.

Ten como principais obxectivos dinamizar turística, social e economicamente Xove e a zona da Mariña-Ortegal, dar a coñecer os produtos do mar procedentes da zona Mariña-Ortegal, aumentando o seu valor engadido e potenciando o seu consumo, logrando que isto poida repercutir nun aumento do valor económico dos produtos pesqueiros e dotar ao sector hostaleiro de Xove das ferramentas necesarias para desenvolver os elementos diferenciadores que lles permitan ser máis competitivos, fomentando así o crecemento económico.

Proxecto financiado por: