TAPA PREMIADA | O REFUGIO
“Esforceime moito en facer a receta como me ensinou Miguel Cobo, pero a experiencia de telo cociñando conmigo na miña cociña nunca a vou esquecer, aprendín técnicas distintas, cousas que eu nunca fixera. Estou moi contenta de recibir o premio, ademais esta receta volvín facela noutras ocasións, -aínda fai pouco que a cociñei para unha encarga de comida para levar- e foi sempre un éxito”.
Silvia Pérez Rivera do Refugio.
MENCIÓN ESPECIAL | A RODA
“Sabía que o prato estaba gustando, porque toda a xente me dicía que a salsa estaba boísima, pero contar coa mención especial do xurado é algo tamén de agradecer”.
Paca García Rocha da Roda.