Política de Cancelación
- A organización resérvase o dereito de modificar, suspender, pospoñer ou cancelar as visitas guidadas a causa de circunstancias meteorolóxicas ou marítimas ou causas de forza maior que impidan a realización das visitas.
- Entendo e acepto que a visita non está reservada ata que a fianza de 30€ sexa abonada na conta indicada no correo electrónico de confirmación. Que dita fianza será devolta por transferencia bancaria unha vez sexa realizada a visita. Que dita fianza non será devolta se non se realiza a visita, salvo que sexa suspendida pola organización ou que se xustifique devidamente a ausencia á mesma por causas de forza maior.
– Por que tes que depositar unha fianza?
Como as vistas guiadas á illa de Ansarón son limitadas, co depósito da fianza garantimos que as persoas que reserven a súa praza asistan á actividade.
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
Identidade: CONCELLO
DE XOVE CIF: P-2702500-F
Dir. postal: Cl. Camiño Real, s/n, CP 27870, en Xove (Lugo).
Teléfono: 982 59 20 01
Correo elect: concello@xove.es
Delegado de Protección de Datos (DPD): Computer-3, S.L.U.
Correo electrónico de contacto DPD.: dpd@computer-3.com
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
No CONCELLO DE XOVE tratamos os seus datos persoais facilitados a través do presente formulario coa finalidade organizar as Visitas Guiadas á Illa de Ansarón e comunicarlle calquer información relativa ás mesmas.
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Conservaremos os seus datos persoais ata a finalización do proxeto Construir o Futuro de Xove Mirando ao Mar sempre que non nos solicite a oposición ou supresión dos seus datos con esta finalidade.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento explícito e inequívoco que vostede nos facilita mediante a aceptación explícita desta política de privacidade.
A que destinatarios comunicaranse os seus datos?
O CONCELLO DE XOVE pode compartir os seus datos persoais con aquelas empresas ou colaboradores que son esenciais para poder prestarlle o servizo que nos solicita e que teñen a condición de encargados de tratamento, estes colaboradores subscribiron un contrato que garante a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos seus datos durante o acceso aos mesmos que realizarán con motivo do servizo prestado.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en CONCELLO DE XOVE estamos a tratar datos persoais que lles conciernan, ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán oporse ao tratamento dos seus datos. CONCELLO DE XOVE deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperioso, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Se considera que algún dos dereitos anteriormente mencionados non foi respectado, Vostede terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. (https://www.agpd.es/portalwebagpd/index-ides-idphp.php)