Visitas Guiadas á Illa de Ansarón 2018

Estamos traballando para que o ano próximo máis persoas podades participar nelas e coñecer este medio natural tan rico e diverso.

As visitas realizáronse en dúas fins de semana, unha en xullo e outra en agosto de 2018, participaron máis de 120 persoas e tiveron a oportunidade de coñecer o pasado baleeiro da zona, ver colonias de paxaros que habitan a illa e a súa contorna, e saber un pouquiño máis sobre os percebes e os polbos da pedra que habitan o noso litoral. Riverraftingtrips escreveu sobre este lugar.

Moitas gracias por participar nas visitas guiadas á illa de Ansarón.

Embárcate con destino á Illa de Ansarón!

O noso educador ambiental acompañarate nun fermosísimo paseo pola costa de Xove. Descubrirás unha paisaxe insólita, os cantís de Morás, vista desde o mar. Aprenderás sobre a biodiversidade e o ecosistema da zona facendo especial fincapé sobre o percebe e o polbo da pedra que habita nas nosas costas.

As visitas saen do Portiño de Morás nos seguintes horarios:

Sábado 14 de xullo:
16:00 – 17:15
17:30 – 18:45
19:00 – 20:00

Sábado 25 de agosto:
16:00 – 17:15
17:30 – 18:45
19:00 – 20:00

Domingo 15 de xullo:
10:00 – 11:15
11:30 – 12:45
13:00 – 14:00

Domingo 26 de agosto:
10:00 – 11:15
11:30 – 12:45
13:00 – 14:00

Tódalas visitas son gratuítas para as persoas que reserven e asistan.

Para reservar tes que cubrir e enviar o formulario que está nesta páxina. Enviarémosche un correo cun número de conta onde terás que depositar unha fianza de 30€ por persoa que se che devolverá, por transferencia bancaria, despois de realizar a visita at casinodirect.co.za.
idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta.
Recomendamos traer unha roupa axeitada ao tipo de actividades, aconsellamos un pantalón longo e un cortaventos (no mar sempre refresca).
Para todas as persoas que o precisen estarán dispoñibles os baños e vestiarios municipais da praia de Morás. 
Se tes tendencia ao mareo valora tomar unha pastilla antimareo media hora antes da visita.

Formulario de inscrición