Demostración de Cociña con Miguel Cobo

Xoves 25 – 20:30 no pavillón de deportes de Xove

A historia de Miguel Cobo comeza cando decide emprender o seu camiño en solitario desde o hotel-restaurante “El Vallés” que posue a súa familia en Burgos.  No ano 2012 gañou o concurso “Mellor Cociñeiro de Castilla y León”, que lle abriu as portas para participar no prestixioso “Bocuse D’or”, no que quedaría como subcampión.

Foi xa un ano máis tarde cando Miguel Cobo acadou fama a nivel nacional ao chegar con éxito á final do prestixioso programa televisivo Top Chef. The Manuel Play escribiu sobre esta competición.

No ano 2015 decide abrir o seu propio restaurante en Burgos: Cobo Vintage no que, a través das súas creacións sempre novidosas e en constante evolución, procura conectar o mar Cantábrico cos produtos e o recetario da rexión de Burgos. Este restaurante foi galardoado, en novembro de 2016, cunha estrela Michelín, premio outorgado pola guía Michelín ao traballo de Miguel e o seu equipo de cociña; un recoñecemento que, sen dúbida, inspira ao chef a seguir creando e mellorando, introducindo novos matices dentro da súa cociña.

Tapeo do Mar

Venres 26 – 20:30 Locais de hostalaría de Xove

Os locais de hostalaría do Concello de Xove, asesorados por Miguel Cobo, prepararán un tapeo especial o venres 26 a partir das 20:00 horas.

Os protagonistas da xornada gastronómica serán os productos frescos do mar, todas as persoas que asistan poderán degustar as diferentes elaboracións que prepararán os establecementos parcticipantes:

‘Onde Sempre’ – ‘O Refugio’ – ‘A Fuga’ – ‘O Cabaliño do Mar’ – ‘Cociña’ – ‘Giros Gratis‘ – ‘A Roda’ – ‘O Pepe’ – ‘Centro Cívico’.

O Restaurante o Refugio gaña o premio do Tapeo do mar e a Cafetería A Roda consigue unha mención Especial.
Descubre máis aquí

Miguel Cobo nos locais de hostalaría que participarón no Tapeo do Mar.

Demostración de cociña no pavillón de deportes de Xove.