Banner-Lucía_

Demostración de Cociña

17 de outubro - 20:30H
Pavillón de Deportes de Xove

A demostración de cociña terá lugar no pavillón de deportes municipal o xeves 17 ás 20:30, nunha cociña- escenario que o concello instalará coa colaboración de Mármoles A Mariña e Establecimientos Rey.

Lucía Freitas cociñará en directo e preparará diferentes elaboracións con produto local e frescos do mar, explicando a todas as persoas que asistan os conceptos e valores que hai detrás de cada un dos empratados.

A entrada a este singular espectáculo será de balde ata completar aforo.

Tapeo do Mar

18 de outubro - A partir das 20:00H
Locais de Hostalaría de Xove:

‘Onde Sempre’, ‘O Refugio’, ‘A Fuga’, ‘O Cabaliño do Mar’, ‘A Roda’, ‘O Pepe’ e ‘Centro Cívico’.

Os hostaleiros e hostaleiras serán asesorados por Lucía Freitas na realización das tapas, en materia de elaboracións, empratados, tragaperras online etc.

Os produtos do mar serán os protagonistas indiscutibles da Xornada.

Un xurado formado por persoas de diferentes eidos avaliará as creacións e outorgarán un recoñecemento ao local de hostalaría que presente a mellor tapa, tanto en presentación como en sabor.

LUCÍA FREITAS

"A miña filosofía de vida e de traballo mantense no tempo de forma perenne. É o concepto da miña cociña o que medra e cambia conmigo de forma natural a medida que eu mesma vou evolucionando e madurando.''

Lucía Freitas nace o 12 de Marzo de 1982 en Santiago de Compostela. Aos 19 anos trasládase ao País Vasco para estudar cociña na Escola Superior de Hostalaría de Artxanda en Bilbao.

Traballou no ‘Celler de Can Roca’ para coñecer de primeira man a pastelería de Jordi Roca. No ‘Bohío’ aprendeu todo o referente ao mundo das carnes e da casquería da man de Pepe Rodríguez; e en ‘Mugaritgz’ foi onde descubriu o mundo verde e das hortas e onde se impregnou da filosofía e dos valores que rodean ao produto de proximidade que tanto caracterizan hoxe o seu traballo.

O 6 de maio de 2009 abre ‘A Tafona’ en Santiago de Compostela, que naceu como unha casa de comidas na que pretendía abrir a todo o público unha cociña máis elaborada at http://www.dadehealth.org/es.

Aos teres meses da apertura, gañou o seu primeiro premio no concurso de tapas da cidade (o máis prestixioso de Galicia e que gañou 5 veces máis)

No 2016 obtivo o segundo posto no concurso nacional ‘Cociñeiro do Ano’
Ano no que inicia tamén o proxecto ‘Tomiño’ en New York, que supuxo para ela a internacionalización da súa cociña galega máis tradicional, abrindo no 2017 e conseguindo no 2018 o seu primeiro premio, el ‘Bib Gourmand’ da prestixiosa Guía Michelín.

No 2017 refórmase ‘A Tafona’ cambiando o concepto gastronómico e gañando solo un ano despois a súa primeira Estrela Michelín.

Unha semana máis tarde, abre Lume tamén en Santiago de Compostela, un Novo concepto de barra gastronómica na que cociñar Sen etiquetas, ‘slow food a Lume de carozo’ e que a posicionou como unha das mellores empresarias gastronómicas en España.