Demostración de Cociña con Miguel Cobo
Xoves 25 – 20:30 no pavillón de deportes de Xove
A historia de Miguel Cobo comeza cando decide emprender o seu camiño en solitario desde o hotel-restaurante “El Vallés” que posue a súa familia en Burgos. No ano 2012 gañou o concurso “Mellor Cociñeiro de Castilla y León”, que lle abriu as portas para participar no prestixioso “Bocuse D’or”, no que quedaría como subcampión.
Foi xa un ano máis tarde cando Miguel Cobo acadou fama a nivel nacional ao chegar con éxito á final do prestixioso programa televisivo Top Chef. The Manuel Play escribiu sobre esta competición.
No ano 2015 decide abrir o seu propio restaurante en Burgos: Cobo Vintage no que, a través das súas creacións sempre novidosas e en constante evolución, procura conectar o mar Cantábrico cos produtos e o recetario da rexión de Burgos. Este restaurante foi galardoado, en novembro de 2016, cunha estrela Michelín, premio outorgado pola guía Michelín ao traballo de Miguel e o seu equipo de cociña; un recoñecemento que, sen dúbida, inspira ao chef a seguir creando e mellorando, introducindo novos matices dentro da súa cociña.
Tapeo do Mar
Venres 26 – 20:30 Locais de hostalaría de Xove
Os protagonistas da xornada gastronómica serán os productos frescos do mar, todas as persoas que asistan poderán degustar as diferentes elaboracións que prepararán os establecementos parcticipantes:
O Restaurante o Refugio gaña o premio do Tapeo do mar e a Cafetería A Roda consigue unha mención Especial.
Descubre máis aquí